camino-de-santiago-en-vilalba6A peregrinación europea a Santiago de Compostela comezou no século IX. Os primeiros peregrinos, no seu deambular cara a Compostela e Fisterra, seguiron os diferentes trazados das vías da época. Por Galicia discorren algúns tramos das principais rotas xacobeas. Unha delas é o chamado camiño do norte que transcorre por Vilalba.
Vilalba está situada nunha comarca duns 450 metros de altura de solo chan con poucas elevacións. A paisaxe ten poucos contrastes físicos, abundando os cultivos, prados e labradíos ainda que o maior espacio físico sigueno ocupando as masas forestais. A rede fluvial da comarca verte as súas augas no Miño e no Eume. O clima é de tipo oceánico con matices continentais sendo frecuentes as xeadas no inverno.
eventsVilalba ofrece hoxe algunhas posibilidades de ocio para nenos e adultos. O Concello e outras asociacións culturais propoñen actividades teatrais, musicais, etc, para todo tipo de público.