O Camiño de Santiago en Vilalba

camino-de-santiago-en-vilalba6A peregrinación europea a Santiago de Compostela comezou no século IX. Os primeiros peregrinos, no seu deambular cara a Compostela e Fisterra, seguiron os diferentes trazados das vías da época. Por Galicia discorren algúns tramos das principais rotas xacobeas. Unha delas é o chamado camiño do norte que transcorre por Vilalba. 
 

Vilalba, capital da comarca da Terra Cha

 Vilalba está situada nunha comarca duns 450 metros de altura de solo chan con poucas elevacións. A paisaxe ten poucos contrastes físicos, abundando os cultivos, prados e labradíos ainda que o maior espacio físico sigueno ocupando as masas forestais. A rede fluvial da comarca verte as súas augas no Miño e no Eume.  O clima é de tipo oceánico con matices continentais sendo [...]